I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 334-335 [nº 167-168] [= LPGP 527-528]); Correia (2001: 353); Littera (2016: I, 601-602).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 117); Carter (2007 [1941]: 100-101); Machado & Machado (1950: II, 64-65); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 275).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 89-90); Torres (1977: 172); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 119).
3 lle desse] lhi desse B; lle daria] lhi daria B 4 ousasse] oussasse A; en] om. B 6 con quen o falass’e que] con queno falasse (e)que A : Con quen as falasse · que B; doesse] dosse B 7 de] {de} A 8 coidar] cuydar B 9 a quen] A ꝙʷ B; lle] lhi B 11 vagar] uagwr B 12 sén] se B 13 que máis ouvesse e cedo non morresse] Sse as ouuesse e cedo non moiresse B 14 viveria] uiuiria A 15 Destas] estas A 17 mas] Mays B; nen] om. A; me valria] mj ualiria B 18 guarde-se] gʷdesse B; poder] pode B 19 esforce en] esforçen B; que] q A 20 que] {q̅} A 21 peor] peyor B
As cantigas 275 e 276 constitúen unha única composición (tres estrofas e cinco fiindas) en Michaëlis e Littera.
4 ousasse en] ousass(e) en Michaëlis : ousass’en Correia, Littera 6 falasse e] falass(e) e Michaëlis : falass’, e Correia, Littera 8 coidar] cuidar Littera 10 lli] lh’i Michaëlis 13 que] que[n] Michaëlis; ouvesse e] ouvess(e) e Michaëlis : ouvess(e)’, e Correia : houvess’, e Littera 17 mas] mais Michaëlis 19 esforce en] esforc(e) en Michaëlis : esforc’ en Correia : esforc’em Littera 21 lli] lh’i Michaëlis 22-30 Véxase cantiga 275bis
Esquema métrico: 3 x 10a 10’b 10’b 10a 10’c 10’c 10’b (cfr. Tav 163:23)
Encontros vocálicos: 4 ousasse‿en; 13 ouvesse‿e; 19 esforce‿en
Fronte á consideración da existencia dunha única composición a partir de A 167 + A 168 que Carolina Michaëlis estabeleceu, aínda que con dúbidas, Ângela Correia confirmou a realidade de dúas cantigas diferentes (Correia 2001: 347-351). Véxase nota á cantiga 275bis.
En convivencia con outras fórmulas alternativas (véxase nota a 65.3, 230.10, 415.29), a frase formularia de tipo relativizante por excelencia é a meu cuidar ou a meu coidar (tamén ao meu cuidar, 435.17; en meu cuidar, 746.3; a seu cuidar, 1659.3), que aparece con frecuencia ao longo do corpus da poesía trobadoresca profana. Ora ben, esta formulación presenta outras variantes amplificadas, como aquant’é meu coidar (228.8), que conviven con quant’é meu cuidar (187.9, 549.14, 1186.1) e quant’é a meu cuidar (só en 454.5) e con outras variantes aínda máis extensas: segundo quant’é meu cuidar (1401.10), segund’agora meu cuidar (92.2).
A lección <uiuiria> de A podería constituír un lapso de escrita do copista, en que <e> fose substituído por <i> pola influencia dos <i> contiguos. En calquera caso, a lección de B confirma viveria como opción editorial de preferencia neste caso, coherente coa ausencia de harmonización vocálica nas formas arrizotónicas de viver no corpus da poesía profana.
Nesta cantiga, como noutras, B (e V) ofrecen a variante peior (típica dos apógrafos italianos) fronte á forma peor, única que se rexistra no Cancioneiro da Ajuda (65.32, 91.14, 275.21, 387.r2, 812.2 e 13).