886 [= Tav 94,5]
Atanto querria saber

Atanto querria saber
destes que morren con amor
qual coita teen por maior:
d’ir om’en tal logar viver
u nunca veja sa senhor,
ou de guarir u a veer
possa e non lh’ouse falar.
E muitos vej’a Deus rogar
que lhe-la mostre ou que lhis dé
mort’, e juran per bõa fe
que esta coita non á par:
non a veer, ca ja quit’é,
u a non vir, d’en al cuidar
nen de pagar-se d’outra ren.
E direi-vos como lh’aven
a quen dona mui gran ben quer
se a vir e lhi non poder
falar: tal é come quen ten
ante sí quanto lh’é mester
e non lh’ousa falar en ren
e desejando morr’assi.
E tod’aquest’eu padeci,
ca mui gran coita per-levei,
pois me de mia senhor quitei,
[..................................... -i]
porque lhi falar non ousei,
atan coitado foi log’i
que cuidar’a morrer enton.
E destas coitas que sofri
a maior escolher non sei,
pero sei ca mui graves son.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 

Manuscritos


B 894, V 479

Edições


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 303-305);Stegagno Picchio (1968: 144-145 [= LPGP 622-623]); Littera (2016: II, 98).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 174); Braga (1878: 90); Machado & Machado (1953: IV, 235-236).
III. Antoloxías: Alvar & Beltrán (1989: 326); Mongelli & Maleval & Vieira (1995: 52); Magalhães (2007: 120); Alvar & Talens (2009: 552-554).

Variantes manuscritas


1 querria] queiria B : queria V   2 morren] moiren B   3 teen] reen B   4 om’en] home V; logar] loguar BV   7 non] nou B   8 muitos] muytus V; Deus] des V   9 mostre] most’r B   10 juran] iutā V   13 d’en al] danal V   15 vos] uus V   17 e] a B   20 non lh’ous’a] nou lhons a B; ren] tē V   21 morr’assi] moyrassy BV   22 padeci] pades B : padeg V   23 ca] ta B   28 cuidar’a] cuydata V; morrer] moirer B

Variantes editoriais


3 teen] têm Littera   4 logar] loguar Nunes, Stegagno Picchio   8 muitos] muytus Stegagno Picchio   9 mostre ou] mostr’ou Nunes; dé] dê Nunes, Stegagno Picchio   13 u] quen Nunes   15 vos] vus Stegagno Picchio   20 falar] tocar Nunes   25 [e seu cos fremoso non vi] Nunes   28 cuidar’a morrer] cuydei a morrer Nunes : cuydara morrer Stegagno Picchio : cuidara morrer Littera

Paráfrase


(I) Destes que morren por amor querería saber cal coita consideran maior: (o feito de) ir un home vivir a un lugar onde nunca vexa a súa señora, ou (o feito de) morar onde a poida ver e non lle ouse falar.

(II) Vexo moitos rogar a Deus que lla mostre ou que lles dea morte, e xuran, abofé, que esta coita non ten par: non a ver, pois xa está privado de pensar noutra cousa ou de sentir agrado por outra cousa.

(III) E direivos o que acontece a quen ama moito unha dona se a vir e non lle puider falar: tal é como quen ten ante si todo canto lle é preciso e non lle ousa falar sobre nada e así morre de desexo.

(IV) E eu todo isto padecín, pois levei unha gran coita despois de me afastar da miña señora, [...] porque non ousei falarlle: alí me sentín tan coitado que coidei que morría daquela.

(1) E non sei escoller a maior destas coitas que sufrín, aínda que sei que son moi graves.

Métrica


Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8a 8b 8a 8c (= Tav 150:1) + 2 x 8a 8b 8d

Encontros vocálicos: 9 mostre‿ou

Notas


Texto
  • 1

    A vacilación entre as formas queria (copretérito) e querria (pospretérito) é bastante frecuente nos diversos manuscritos (<queiria> B : <queria> V), entre outras razóns, para alén da paleográfica, por ambas as formas habitualmente seren posíbeis en parte dos contextos. Véxanse, por exemplo, as leccións concorrentes de A e BV entre querria e queria, respectivamente, en 172.19, 179.26, 195.3, 197.22, 208.3, 236.2 e 3, 239.1 e 2, 245.r1, 276.4, 277.10, 278.17, 310.15, 406.4.

  • 4

    Nesta pasaxe resulta sorprendente a aparición da lección <home> en V, sen dúbida por o copista a considerar forma concorrente con <homen>, tal como acontece en múltiplos contextos, en que existe lección diverxente entre os diversos testemuños. Ora ben, neste contexto é necesaria a lectura om’en, coa preposición en que esixe a construción viver en:
              d’ir om’en tal logar viver
              u nunca veja sa senhor
    .

  • 8

    É relativamente frecuente no Cancioneiro da Vaticana a presenza da terminación -us en voces en que é xeral a terminación -os (<muytus>); na realidade, esta grafía aparece case exclusivamente en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. A súa esporádica presenza nestes casos, limitada aos apógrafos italianos, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.

  • 9

    Repárese na presenza da solución lhe-la para o conglomerado pronominal do CI lhes co CD o(s)/a(s). Tal aparición é un feito inusual no corpus, onde só se rexistra en sete cantigas (6.29, 170.2 e 17, 199.19, 290.8, 910.15, 1117.7)1 , tal como acontece actualmente na maior parte do territorio galego-portugués, coa neutralización lho(s)/lha(s).

  • 15

    A relativa frecuencia da terminación gráfica -us no Cancioneiro da Vaticana en voces en que é xeral a terminación -os alcanza tamén ao pronome persoal vos, que por veces aparece como <uus> (cfr. un antecedente <uꝯ>), tal como acontece tamén no Cancioneiro da Ajuda.

  • 27

    Foi é a forma xeral de P3 de pretérito de seer (e de ir), mais tamén aparece como forma de P1, tal como acontece neste verso: a pesar de que en xeral se estabelece unha oposición P1 / P3, fui (<fŭī) / foi (<fŭĭt), pola acción metafónica de -ī final nalgúns pretéritos fortes (cfr. tamén fiz vs. fez, sivevs. seve, tive vs. teve etc.), foi pode ser tamén resultado de P1, o mesmo que fui aparece esporadicamente como forma de P3 (sen efecto metafónico, por tanto, ou con xeneralización analóxica de unha ou outra persoa).

  • 28

    Para alén da incorrecta emenda de Nunes, tal como acontece noutros sintagmas, e tamén coa perífrase dever + a + infinitivo (véxase nota a 60.14), convén segmentar, diferentemente de Stegagno Picchio e de Littera, a preposición a como elemento que liga cuidar co infinitivo, dado que esta é, ademais, a construción maioritaria na lingua trobadoresca (cuidar’a morrer).

  1. ^

    Para alén do encontro de lhes co artigo feminino en 1562.9: mais quer-lhe-la malada esnarigar.

Procurar
    Não foram encontrados resultados