283 [= Tav 79,12]
Da mia sennor, que tan mal dia vi

Da mia sennor, que tan mal dia vi,
como Deus sabe, e máis non direi én
ora daquesto, ca me non conven,
nen me dé Deus ben dela nen de sí
se oj’eu máis de ben querri’aver
de saber o mal, e de me tẽer
pos-seu, que mi faz, ca doo de mí
averia e saberia ben
qual é gran coita ou quen perde sén,
e no’me valla per quen o perdi
se oj’eu máis de ben querri’aver
[de saber o mal, e de me tẽer]
pos-seu, que me faz, que tan pret’está
de mí mia morte como veerán
muitos que pois mia coita creerán;
e pero non me valla quen mi-a dá
se oj’eu máis de ben [querri’aver
de saber o mal, e de me tẽer]
pos-seu, que me faz, e non o saber
nunca per mí nen pe-lo eu dizer.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


A 176, B 327

Ediciones


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 348-349 [= LPGP 529-530]); Correia (2001: 455); Littera (2016: I, 606).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 119-120); Carter (2007 [1941]: 105); Machado & Machado (1950: II, 78); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 283).

Variantes manuscritas


2 sabe, e] sabe B   3 me] mj B   4 me] mi B; ben dela] ben de dela B   5 querri’ aver] queiriauer B   6 de me] de (me) / me A; tẽer] teer B   7 pos-seu] Por seu B; mi] me B; de mí] demj̄ B   8 e saberia ben] e sa bona ben B   9 ou quen perde sén] a quen perdo sen B   10 no’me valla per quen o perdi] non mi ualha pᵉ que non ꝑdi B   13 pos-seu] Por seu B; me] mj B   15 om. B   16 quen mi-a dá] ꝙʷ mi a daiudar B   19 pos-seu] {P}[O] seu A : Ou seu B; non o] nomo B   20 mí] mj̄ B

Variantes editoriales


2 sabe, e máis non] sabe, mais non Michaëlis, Correia, Littera   4 dé] dê Michaëlis, Littera   5 querri’aver] querria ‘ver Michaëlis   6 tẽer] teer Littera   7 pos-seu] por seu Littera   9 perde] perd’o Littera   10 no’me] nom me Littera   11 querri’aver] querria ‘ver Michaëlis   12 tẽer] teer Littera   13 pos-seu] por seu Littera   15 creerán] creeran Michaëlis, Correia   17 querri’aver] querria ‘ver Michaëlis   18 tẽer] teer Littera   19 pos-seu] por seu Littera

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10c 10c (= Tav 160:137)

Encontros vocálicos: 2 sabe,‿e; 16 mi-‿a

Notas


Texto
  • *

    Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda atá a fiinda desta composición, incluída na relación de Gonçalves (2016 [1993]: 269-270), véxase nota á cantiga 15.

  • 2-3

    En face das anteriores edicións, estabelecemos un período parentético iniciado por e máis (é máis ... / ... convén), seguindo a lección do Cancioneiro da Ajuda. De calquera forma, máis ten de ser un adverbio de cantidade, por máis que a maioría dos editores non o distinga formalmente da conxunción mais.

  • 5-7

    Nestes versos, e nos correspondentes nas seguintes estrofas, obsérvase un forte hipérbato que escurece a comprensión, pois a cláusula que mi faz está deslocada da súa natural posición sintáctica após saber o mal. Isto é: ‘saber o mal que mi faz’.

    Por outra parte, nótese a expresión partitiva máis de ben, que se pode achar noutros trobadores e noutras cantigas (30.17, 242.15). Ademais, a preposición de que introduce saber o mal ten a función de nexo comparativo, como é frecuente na lingua trobadoresca (moi especialmente nas comparacións referidas ás cualidades da senhor que é sempre superior d’outra ren).

  • 7

    É de subliñar a peculiar asimilación [ɾs]>[] por fonética sintáctica, que se reitera no primeiro verso da estrofa seguinte (v. 13) e da fiinda (v. 19). De calquera xeito, esta asimilación reaparece en 303.14 e 349.3, en todos os casos a partir de A, fronte ás leccións por seu de B e V e propostas en Littera. Cfr. unha asimilación igual en pa-ssan Denis nas Cantigas de Santa Maria (CSM 238.62), ou na Demanda do Santo Graal: Pa’ Santa Maria, disse el-rei, sabê-lo quero eu (cfr. CGPA).

    Por outra parte, repárese na forma mi do pronome (en función de complemento indirecto), variante excepcional no Cancioneiro da Ajuda (cfr. <me> en B), tamén en 81.16188.6, 199.21 e 284.13, fronte á forma xeral me nese cancioneiro (véxase Monteagudo 2019: 111-113).

  • 10

    Nos textos transmitidos por A é frecuente a asimilación do adverbio non co pronome me ~ mi (> no’me ~ no’mi; cfr. a evolución regular -nm->-m-), face a BV que, en xeral, presentan a lección non me ~ non mi con manutención da integridade morfolóxica do adverbio negativo (66.13, 90.9, 223.r2, 239.7, 243.14, 258.9, 285.13, 421.5, 423.20, 430.8). Na realidade, nos apógrafos italianos só se rexistra en tres ocasións (104.21, 906.12 e 1482.5).

  • 16

    Resulta certamente sorprendente o lapso de copia no Cancioneiro da Biblioteca Nacional.

    A locución conxuntiva e pero, de valor concesivo (‘aínda que’), é de uso regular ao longo de corpus –cómpre sinalar, non obstante, que en bastantes ocasións é posíbel optar entre e pero ou a secuencia de copulativa + adversativa (e, pero).

Buscar
    Sin resultados