I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 5 [= LPGP 148]); Paredesa (2001: 183); Lopes (2002: 62); Paredesb (2010a: 163); Littera (2016: I, 89).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 157); Machado & Machado (1950: II, 333); Paredes (2010b: 126-127); Paredes (2010c: 87); Rios Milhám (2018b: III, 473).
III. Antoloxías: Carballo Calero & García Rodríguez (1983: 32); Tavares & Miranda (1987: 345); Corral Díaz & Vieira (2023: 130).
2 outra] outrᵒ B 4 el-rei] del Rey B
En Lopes, sen considerar a rima, os versos longos son divididos de modo que fica unha composición de versos heptasilábicos con un tetrasílabo.
1 estando] estand’ Littera 2 à] a Lopes, Littera 3 nunca] nunca [me] Lopes 4 non casa el-rei] non [vou a] cas del-Rei Lapa : non cas el-rei Paredesa, Paredesb : nom [for] cas del-rei Lopes : nom [vou a] cas del-rei Littera
(I) Estaban dúas irmás falando diante de súa tía e díxolle unha á outra: «En mal día nacín, e nunca casarei, ai miña irmá, se non me casa o rei».
Esquema métrico: 14’a 14’a 6b 12b (= Tav 37:19)
A cantiga é fragmentaria.
A forma irmana, como outras que aparecen con frecuencia nas cantigas de amigo, mostra a conservación de -n- intervocálico, sen dúbida como decoración arcaizante propia deste xénero (véxase Ferreiro 2008b), pode esporadicamente aparecer tamén noutro tipo de composicións (véxase tamén 429.9). Cfr. nota a 582.3.