[last revised: 14/06/2020]Print

238 [= Tav 148,9]
Fiz meu cantar e loei mia sennor

Fiz meu cantar e loei mia sennor
máis de quantas outras donas eu vi,
e, se por est’an queixume de min
as outras donas ou mi an desamor,
ajan de seu quen delas diga ben
e a quen façan muito mal por én,
ca ben assi faz a min mia sennor
e máis fremosa dona nen mellor
de quantas oj’eu sei, per bõa fe,
e vejan que faran, ca j’assi é;
e, se me por aquest’an desamor,
ajan de seu quen as lo’e enton
nunca lles por én façan se mal non,
ca non faz a min a minna mellor.
E, se m’eu ei de mi-a loar sabor,
non an por én por que se mi assannar;
mais ar ajan de seu quen as loar
e a quen ajan por én desamor
com’a min faz aquela que eu ja
loarei sempre: sei ben que non á
de fazer a min ben niun sabor,
ca, se m’algun ben quisess’, é fazer
ja-que que m’én fezera entender
des quant’á que a fillei por sennor!
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscripts


A 132, B 253

Editions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 268-269 [= LPGP 922-923]); Lorenzo Gradín & Marcenaro (2010: 128-129); Littera (2016: II, 481-482).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 107); Carter (2007 [1941]: 79-80); Machado & Machado (1950: II, 20-21); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 238).
III. Antoloxías: Alvar & Beltrán (1989: 245-246); Diogo (1998: 110-111).

Manuscript variants


1 Fiz] (S)Fiz B   3 queixumede mí] quexume de / min A   7 min] mj B   8 e] A B   9 bõa] boa A   10 j’assi] ia si A : iaassi B   11 me] mj B; aquest’an] aq̄sto am B   13 lles] les A   16 se mi assannar] xima’ssanhar B   19 aquela] a q̄lla A   20 ben] om. B   21 fazer] faz B; niun] nē huū B

Editorial variants


3 min] mi Michaëlis, Littera   8 e] A Michaëlis, Lorenzo Gradín & Marcenaro : a Littera   10 j’assi] ja ‘si Michaëlis, Littera : ja si Lorenzo Gradín & Marcenaro   12 lo’e] loe Michaëlis, Lorenzo Gradín & Marcenaro   17 quen as] quen-nas Michaëlis, Lorenzo Gradín & Marcenaro   20 sempre] sempr’, e Michaëlis, Lorenzo Gradín & Marcenaro : sempr’e Littera   21 niun] nẽum Littera   22 quisess’, é] quisesse Michaëlis, Lorenzo Gradín & Marcenaro, Littera   23 ja-que que] ja quequer Michaëlis, Lorenzo Gradín & Marcenaro, Littera   24 quant’á] quand’á Michaëlis

Metrics


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a + 10d 10d 10a (= Tav 161:94)

Encontros vocálicos: 4 mi‿an; 15 mi-‿a; 16 mi‿assannar

Notes


Text
  • *

    Sobre o carácter de cantiga próxima ás cantigas ateúdas atá a fiinda, cunha ligazón copulativa das dúas últimas estrofas, véxase nota á cantiga 55.

  • 8

    Todos os editores optan pola lección de B, ao tempo que desligan as dúas estrofas; porén, o texto subministrado por A, coa copulativa inicial do v. 8, é perfectamente admisíbel, con continuidade do discurso.

  • 10

    Ao longo do corpus áchanse poucas ocorrencias de ja con crase coa voz seguinte (sempre iniciada por a-; cfr. as representacións ja ‘si ~ ja si doutros editores), talvez polo carácter semitónico do adverbio: j’a –pronome ou preposición– (25.3, 64.10, 1588.20), j’alguen (92.24), j’assi (238.10, 408.4), j’agora (365.16, 764.r2, 1281.1), j’amigo (689.2). Nótese como en todos os casos ja perde tonicidade (coa conseguinte facilidade para a crase) pola presenza dunha tónica inmediata (alguen, assi, agora, amigo) ou case inmediata (poder). Certamente, débese relativizar o carácter inusual da crase de ja á luz doutras máis estrañas, aínda que puntuais, entre formas verbais de P3 de futuro indicativo (avera, matará, pesará, seera) coa preposición a e co adverbio ali, que non encontran solución gráfica satisfactoria máis do que unha representación do tipo aver’a (59.26), matar’Amor (396.19), pesar’a (898.19) e seer’ali (1637.28). Véxase nota a 59.26.

  • 12

    A segmentación da copulativa en lo’e facilita a sintaxe e evita a aparición de cláusulas sen conxunción de enlace sen enlace sintáctico.

  • 13

    Neste verso, xunto con 89.3 e 5, 252.6 e 317.16, en A rexístrase aparentemente a forma le(s) para o pronome lle(s), hipotético testemuño da forma arcaica do pronome (procedente do lat. ĭllī), que se atesta por veces en textos prosísticos e mais nas Cantigas de Santa Maria. Na realidade, é dificil determinar se se trata dun lapso de escrita con omisión de <l> (cfr., por exemplo, <filei> por <fillei> en 132.9 e 10, 133.4, ou <alur> por <allur> en 403.3) ou se verdadeiramente son formas reais. Cfr. nota a 423.18.

  • 19

    No Cancioneiro da Ajuda, é certamente esporádica a grafía etimoloxizante <ll> /l/, que achamos en fala <falla> (65.6) e aquela <a q̄lla>~<a quella> (238.19, 429.18). Cfr. nota a 1.28. En calquera caso, a grafía <ll> en aquela debe ser unha grafía etimolóxica máis do que un hipotético castelanismo.

  • 20

    Fronte aos editores anteriores, non segmentamos a copulativa en sempre porque o final da composición, a partir de sei, funciona como conclusión da cantiga (vv. 20-24).

  • 22-24

    As anteriores edicións caracterízanse pola emenda de ja-que que (a prol de ja quequer) e a manutención de quisesse, sen segmentación da forma verbal é, único xeito de acomodar a expresión sen intromisións no texto transmitido unanimemente polos manuscritos.

  • 23

    A aglutinación de ja e que xerou o pronome indefinido ja-que ‘algo’ (cfr. ja-quanto; véxase nota a 347.9), que ten certo uso na lingua trobadoresca (33.14, 56.25, 266.16, 347.14, 380.23, 603.7, 1021.20, 1417.2, 17 e 27, 1675.3). Cfr. notas a 1012.18 e 1419.32.

Search
    No results