846 [= Tav 155,9]
Quanto durou este dia

Quanto durou este dia,
mia madre, mal me trouxestes
e muito mal mi fezestes;
mais sobr’aquesta perfia
sera oj’aqui con migo
mandado do meu amigo.
Mal me trouxestes, sen falha,
e non á ren que detenha
meu amigo que non venha;
mia madre, se Deus mi valha,
sera oj’aqui comigo
[mandado do meu amigo].
Sera migo seu mandado,
e praz-mi que veeredes
por quanto mal mi fazedes,
mia madre, sen vosso grado:
sera oj’aqui comigo
[mandado do meu amigo].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 850, V 436

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 227-228 [= LPGP 975]); Cohen (2003: 309); Littera (2016: II, 545).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 162-163); Braga (1878: 82); Machado & Machado (1953: IV, 173).

Variantes manuscritas


8 detenha] derenha V   13 seu] sen V   15 por] pre V

Variantes editoriais


5 con migo] comigo Littera   11 comigo] con migo Nunes   17 comigo] con migo Nunes

Paráfrase


(I) Que longo foi este día, miña nai, que me tratastes mal e moito dano me fixestes; mais, sobre esta disputa terei hoxe aquí comigo mensaxe do meu amigo.
(II) Tratástesme mal, sen falla, e non hai nada que deteña o meu amigo para vir; madre, así Deus me valla, terei hoxe aquí comigo mensaxe do meu amigo.
(III) Terei comigo a súa mensaxe e práceme que veredes, por tanto mal que me fixestes, miña nai, [que] contra a vosa vontade terei hoxe aquí comigo mensaxe do meu amigo.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 7’a 7’b 7’b 7’a 7’C 7’C (= Tav 160:464)

Encontros vocálicos: 14 ve·e·re·des

Notas


Texto
  • 5

    Nesta ocorrencia do refrán da estrofa I aparece a forma con migo, fronte a comigo nas estrofas II-III, cunha variación lingüística que se rexistra no refrán doutras cantigas (cfr. nota a 27.4). Esta forma analítica de comigo (presente tamén en 11.24, 584.14, 585.8, 773.8, 856.1, 928.8, 939.13, 1010.14, 1039.10 e 26, 1099.19, 1234.20, 1303.8) convive, pois, con migo e, ademais, coas formas máis arcaicas mego e comego (véxase Glosario, s.v. migo, comigo).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado