[last revised: 23/04/2020]Print

76 [= Tav 151,13]
Par Deus, senhor, sei eu mui ben

Par Deus, senhor, sei eu mui ben
ca vos faço mui gran pesar
de que vos sei tan muit’amar;
mais, se o sei, non ar sei ren
por que end’al possa fazer
enquant’eu no mundo viver.
E pesa-vos porque non ei
eu poder no meu coraçon
d’amar, mia senhor, se vós non;
mais, pero vos pesa, non sei
por que end’al possa fazer
[enquant’eu no mundo viver].
Porque vos quer’eu [mui] melhor
d’outra ren, viv’en grand’afan
e sei que faço-vos, de pran,
pesar; pero non sei, senhor,
por que end’al possa fazer
[enquant’eu no mundo viver].
E, mia senhor, se vos prouguer,
ben me devedes a parcir
ben que vos quera consentir,
pois que mi Deus guisar non quer
por que end’al possa fazer
[enquant’eu no mundo viver].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscripts


A 13, B 103

En A só están copiados os vv. 1-10; probablemente faltan folios no manuscrito, que hoxe ofrece un talón moderno a seguir, engadido durante a súa restauración (cfr. Arbor Aldea 2009c).

Editions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 28-29 [= LPGP 943]); Littera (2016: II, 541-542).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 37); Carter (2007 [1941]: 9); Machado & Machado (1949: I, 143); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 76).
III. Antoloxías: Nunes (1932: 1-2).

Manuscript variants


2 vos] uus A   3 vos] uus A   5 por que end’al] Per qu endal A   7 vos] uus A

Editorial variants


2 vos] vus Michaëlis   3 vos] vus Michaëlis   5 por] Per Michaëlis, per Littera   7 vos] vus Michaëlis   10 vos] vus Michaëlis   11 por] Per Michaëlis, per Littera   13 vos] vus Michaëlis   15 vos] vus Michaëlis   19 vos] vus Michaëlis   21 vos] vus Michaëlis; quera consentir] queira consentir Michaëlis : quer', e consentir Littera

Metrics


Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C (= Tav 160:387)

Notes


Text
  • 5

    A pesar da presenza de per en A, damos preferencia a B polo feito de a cantiga aparecer fragmentaria no Cancioneiro da Ajuda (só foron copiados dez versos) e, por tanto, faltar en A o refrán da segunda e da terceira estrofas.

  • 9

    O pronome vós, como as restantes formas pronominais tónicas oblicuas (mí ~ min, ti, nós, vós, el ~ ela), pode aparecer como complemento directo sen preposición, como forma libre, con algunha frecuencia na lingua trobadoresca.

  • 10

    O paralelismo construtivo co v. 4 aconsella independizar mais e pero para evitar a locución mais pero (véxase nota a 11.5).

  • 13

    A introdución da copulativa a inicio do verso, que resolvería a súa hipometría, impide, por én, o acento na cuarta sílaba; é por isto que parece preferíbel integrar mui, elemento que con certa frecuencia é esquecido no proceso de copia, como mostran algunhas pasaxes en que os testemuños son diverxentes (A vs. BV: 400.13, 421.19; B vs. A: 194.4; BV vs. A: 421.13; B vs. V: 1184.3). Cfr., ademais, outros contextos similares: ca vos quero mui melhor d’outra ren (194.4); polo meu ben / me quis e quer mui melhor d’outra ren (1154.3).

  • 15

    Nótese a posposición do clítico nunha cláusula subordinada. Neste sentido, cómpre lembrar que ao longo do corpus trobadoresco profano se detectan algúns casos de posposición anómala de pronomes clíticos en oracións subordinadas en que a conxunción implica, como norma, a anteposición pronominal: ca en tal ora nado / foi que, mao pecado, / amo-a endoado (22.r6-7); que m’ei a queixar, se quiser- / -lle pedir alg’ou a veer (123.24-25); E rogo-ll’eu que, se lha El prouguer, / mostre-mi-a ced’... (314.19-20). Algo moi similar acontece nalgunhas cláusulas causais dependentes de ca ~ que. Na prosa pode acharse moi esporadicamente algún uso similar. et outrosi moy bõos pascos pera os gáándos, que rregauasse toda por pe ante que Deus destroysse aSsodoma et aGomorra por la maldade dos que em ellas morauã (Martínez López 1963: 190); tamén na Crónica Geral de Espanha de 1344: E el ouve dello grande pesar, ca amavaa muyto de coraçon (Cintra 1952-1990: IV, 442).

  • 20

    O verbo parcir ‘perdoar’ (< parcere ‘aforrar, economizar; deixar de, omitir; perdoar etc.’), semella unha voz rara e propia do rexistro poético, pois presenta só cinco atestacións na poesía profana (752.8, 827.8 e 10, 843.7) e outros seis rexistros nas Cantigas de Santa Maria (véxanse CSM 28.33, 115.168, 145.57, 174.25, 175.91 e 272.52), sen ocorrencias na produción prosística medieval. Non se recollen ocorrencias desta voz na produción prosística medieval.

  • 20-21

    Na súa primeira aparición ben é adverbio que modifica devedes, fronte ao segundo, substantivo sen artigo tal como esporadicamente se rexistra no corpus da lírica profana (véxase nota a 11.23). Porén, o período presenta dificultades de comprensión, que Littera pretendeu reinterpretar mediante unha lectura que se afasta da lección dos manuscritos.

  • 21

    Mantemos a forma quera da lección manuscrita por se tratar da forma etimolóxica do presente subxuntivo de querer (< quaeram, quaeras etc.), forma minoritaria con presenza indubitábel na lingua medieval e no corpus poético trobadoresco. Cfr. nota a 73.16.

Search
    No results