293 [= Tav 141,7]
Senhor, por Deus vos rogo que querades

Senhor, por Deus vos rogo que querades
saber un dia [como] mia ventura
é contra vós, a que quero melhor
de quantas cousas Deus quiso fazer,
e, mia senhor, non vos ous’a dizer
[ren] nen da gran coita que me vós dades,
e por vós morrerei [en] tal ventura!
[E] est’é o de que vos vós gardades:
de non fazerdes senon o milhor
e de non catardes por outra ren;
atanto creede vós ben de min
que mui pequena prol per-tenh’eu i
(pois Deus non quer que a min ben façades),
que vós en al façades o melhor.
[E], mia senhor, quanto máis ben fazedes,
atanto fazedes a min levar
maior coidado no meu coraçon
en desejar o ben que vos Deus deu;
e, mia senhor, atanto lhi rog’eu
que veja[des] qual torto me fazedes
de me fazerdes tal coita levar.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


B 333

Edições


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 823-824 [= LPGP 889]); Littera (2016: II, 434).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 122); Machado & Machado (1950: II, 89-90); Rios Milhám (2018a: II, 293).

Variantes manuscritas


1 vos] uos B   5 vos] uos B   7 morrerei] moirerey B   8 o de que vos vós gardades] ede que uos uos g̃dades B   10 e de non catardes] Et de non cacard’s B   13 façades] facad’s B   14 façades] facad’s B   16 atanto] E tanto B   18 vos] nos B   19 rog’eu] negueu   20 qual torto me fazedes] quel torto me faz e d’s B   21 fazerdes] fazer d’s B

Variantes editoriais


1 vos] vus Michaëlis; querades] que[i]rades Littera   2 [como]] [qual é] Michaëlis   3 é contra] e[s]contra Michaëlis   5 vos] vus Michaëlis   6 [ren] nen da gran coita] nen da [mui] gran coita Michaëlis : nem da [mui] gram coita Littera   8 Esto [sei ben] de que vos vus guardades Michaëlis : Esto é [o] de que vos vós guardades Littera   10 catardes] pecardes Michaëlis : curardes Littera   11 min] mi Michaëlis, Littera   18 vos] vus Michaëlis

Métrica


Esquema métrico: 10’a 10’b 10c 10d 10d 10’a 10’b (I [= Tav 260:2]) + 10’a 10b 10c 10d 10d 10’a 10b (II, III [= Tav 260:1])

Notas


Texto
  • 1

    Mantemos a forma querades da lección manuscrita por se tratar da forma etimolóxica do presente subxuntivo de querer (< quaeram, quaeras etc.), forma minoritaria con presenza indubitábel na lingua medieval e no corpus poético trobadoresco. Cfr. nota a 73.16.

  • 2-3

    A hipótese reconstrutiva de Littera é superior á de Michaëlis, por canto evita unha segunda intromisión no v. 2: saber un dia [qual é] mia ventura / e[s]contra vós ... vs. saber un dia [como] mia ventura / é contra vós ...

  • 5

    Na lingua trobadoresca o verbo ousar aparece en complexos verbais (ousar + infinitivo) mais tamén en estruturas equivalentes coa preposición a como nexo (véxase tamén 167.11, 373.6, 448.8, 553.1 e 11, 602.3, 882.28, 1025.15, 1468.6). Cfr. nota a 3.17.

  • 6

    Face ao texto michaëliano (seguido en Littera) non vos ous’a dizer / nen da [mui] gran coita, que deixa o verbo dizer sen CD, parece preferíbel restaurar a forma ren (non vos ous’a dizer / [ren] nen da gran coita) que puido omitirse por haplografía nun contexto de igualdade na (hipotética) secuencia <rrem nem>; ademais, ousar dizer ren ou ousar ren dizer aparece repetidamente ao longo do corpus: que nunca lh’ouso nulha ren dizer (17.2), a que non ouso dizer ren (167.3), que ll’ouse ren dizer (175.21), e non lle posso ren dizer (178.21), a que non ouse ren dizer (220.3), non lh’ousei ren dizer (275b.8), dona a que non ouso ren dizer (405.20), non m’ousar nulha ren dizer (729.22), e non vos ous’én ren dizer (890.4), nen filhei tal senhor / a que ousasse nulha ren dizer (1063.4).

  • 8

    Ao recuperar a copulativa, moi habitual no inicio da estrofa, e ao considerar a existencia do erro, moi común, <e>/<o>, resólvese máis economicamente do que as solucións de Michaëlis e de Littera a ausencia dunha sílaba métrica. Casos semellantes documéntanse en 106.8, 151.7, 157.7, 163.11, 261.13, 293.8, 294.7 e 13, 332.7, 408.7, 447.7, 448.8, 490.19, 586.11 etc.

  • 9

    Aínda que minoritaria, a forma milhor, con pechazón de /e/> /i/ por influencia de consoante palatal (por iode na súa base etimolóxica meliōrem), ten certa presenza na lingua trobadoresca.

  • 10

    A lectura ecdoticamente máis fundada da lección <cacard’s> de B é catardes, fronte ás propostas das anteriores edicións (pecardes, curardes).

  • 15

    A pesar de que se podería considerar mais como bisilábico (véxase nota a 12.8), preferimos recuperar de novo a copulativa inicial da estrofa (véxase nota ao v. 8), co correspondente acento tónico na 4ª sílaba, tal como foi proposto xa nas precedentes edicións.

  • 16

    A banal confusión <e>/<a> explica o erro do copista na forma atanto (esta variante tamén está presente no v. 11), necesaria para a correlación con quanto (v. 15). Véxase o erro inverso en V 1183.11 (<atanto> V e tanto).

  • 19

    O erro de copia <negueu> por <rrogueu> só implica a confusión, ben atestada en BV, <n>/<rr> (véxase, por exemplo, <uenn> B verra, 782.15; <moneu> V morreu, 571.5 etc.), alén da común <e>/<o> (por exemplo, <rreguei> BV roguei, 858.16).

Procurar
    Não foram encontrados resultados