261 [= Tav 152,14]
[S]ennor fremosa, pois m’oj’eu morrer

[S]ennor fremosa, pois m’oj’eu morrer
assi vejo que contra vós gran ben
que vos quero non me val nulla ren
nen mui gran coita que por vós levei
des que vos vi, atanto vos direi:
e vedes que coita ei de sofrer!
E, mia sennor, non devi’a perder
eu contra vós por vos querer mellor
ca min nen al, nen aver d’al sabor
senon de vós, e de poder guarir
u vos vejo, e aver-m’a ‘ncobrir
de vós e d’outre de mi-o entender.
[E], mia sennor, como vos eu disser
esto de vós, des quando vos amei
todo sabor do mundo perdud’ei,
e non mi ar pude d’outra ren pagar
senon de vós, e conven-mi a guardar
de mi-o saberdes quant’eu máis poder.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


A 153

Edições


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 305 [= LPGP 961]); Piccat (1995: 209); Littera (2016: II, 506-507).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 92); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 261).

Variantes manuscritas


O v. 6 aparece como derradeiro verso da estrofa II.

1-2 morrer / assi vejo] assi. / ueio morrer A   3 vos] uus A   5 vos] uus A; -vos] uus A   8 vos] uus A   11 vos] uus A   14 vos] uus A

Variantes editoriais


1-2 morrer / assi vejo]  morrer / vejo assi Michaëlis, Piccat, Littera   3 vos] vus Michaëlis, Piccat   5 vos ... vos] vus ... vus Michaëlis, Piccat   7 devi’a] devia Michaëlis, Piccat, Littera   8 vos] vus Michaëlis, Piccat   11 vos] vus Michaëlis, Piccat   13 vos] vus Michaëlis, Piccat   14 esto] esto[u] Littera; vos] vus Michaëlis, Piccat   17 conven-mi a guardar] conven mi-a guardar Michaëlis

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10c 10c 10a (= Tav 189:13)

Encontros vocálicos: 18 mi-‿o; 16 mi‿ar; 17 mi‿a; 18 mi-‿o

Notas


Texto
  • 1-2

    Fronte ao texto copiado no Cancioneiro da Ajuda, con evidente erro delatado pola rima, recolocamos morrer como palabra rimante no v. 1 e incorporamos assi ao v. 2, na mesma orde indicada por A (assi vejo), sorprendentemente invertida en todas as edicións precedentes.

  • 6

    Este verso, necesario do punto de vista métrico e discursivo na estrofa I, aparece deslocado no manuscrito para o final da segunda estrofa.

  • 7

    A interpretación das secuencias do tipo <deuia>, <auia>, <ouuera> + inf. como devi’a / avi’a / ouver’a + infinitivo vén determinada non só polo feito de a presenza da preposición a ser maioritaria nestas perífrases (véxase Glosario, s.v. aver, dever), mais tamén pola concorrencia das leccións <deuia> A / <deuia a> B (128.22, 128.28, 386.13), <ouuera> A / <ouu’a a> (70.13) ~ <ouuera a> B (129.23), que indican a real crase coa preposición nas leccións do Cancioneiro da Ajuda.

  • 8-9

    Na expresión amar máis ca mí/min (nen al) non ten cabida a preposición a (véxase nota a 44.13), e o mesmo ocorre en querer melhor ca min (177.22, 530.4, 531.r, 683.7, 743.15-16830.13-14, 1091.19), que tampouco recorre á preposición para introducir o complemento. Véxase nota a 861.9. Cfr. notas a 44.13 e 243.16.

  • 11

    O verbo encobrir presenta elisión da vogal inicial e- (tamén 6.4), do mesmo modo que outras voces foneticamente similares que se poden achar ao longo do corpus, sempre após vogal a: endurar: coita ‘ndurar (195.15 e 18); ensandecer: querria ‘nsandecer (182.7), a ‘nsandecer (182.16), ela ‘nsandeci (389.5); entender: ela ‘ntendi (1092.9), podia ‘ntender (1249.9). A mesma elisión pode verse en a ‘ndar (700.r2) e mais en ela ‘nton (1400.5), para alén doutros encontros con crases similares. Véxase nota a 18.16, 51.1, 73.19, 358.21, 878.1.

  • 13

    É relativamente frecuente a omisión da copulativa inicial de estrofa (e de fiinda ou de verso) nos manuscritos, que nos permite neste caso restaurar a isometría versal. Casos semellantes documéntanse en 106.8, 151.7, 157.7, 163.11, 261.13, 293.8, 294.7 e 13, 332.7, 408.7, 447.7, 448.8, 490.19, 586.11 etc.

  • 14

    A intervención textual de Littera, seguindo unha suxestión de Nobiling (2007:196), vira o sentido do verso sen xustificación ecdótica, pois non é necesaria ningunha emenda do texto: ‘E, señora miña, se vos eu dixer isto de vós, desde o momento en que vos amei perdín o gusto por calquera outra cousa’.

  • 17

    Neste verso rexístrase a estrutura verbal conviir + a + infinitivo, en liña coa necesaria presenza do nexo preposicional (a ou de) cando a forma conxugada de conviir vai seguida de infinitivo, de xeito que só está ausente o nexo cando o infinitivo vai anteposto: pois m’escolher conven (377.19), perfiar me conven! (1337.21), colher non conven (1679.8). Véxase Glosario, s.v. conviir.

Procurar
    Não foram encontrados resultados