1277 [= Tav 88,17]
Ũa moça namorada

Ũa moça namorada
dizia un cantar d’amor,
e diss’ela: «Nostro Senhor,
oj’eu foss’aventurada
que oiss’o meu amigo
com’eu este cantar digo!».
A moça ben parecia,
e en sa voz manselinha
cantou e diss’a meninha:
«Prouguess’a Santa Maria
que oiss’o meu amigo
[com’eu este cantar digo!]».
Cantava mui de coraçon,
e mui fremosa estava
e disse quando cantava:
«Peç’eu a Deus por pediçon
que oiss’o meu amigo
[com’eu este cantar digo!]».
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 1261, V 866

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 426-427); Tavani (1964: 53 [= LPGP 606]); Cohen (2003: 495); Littera (2016: II, 64-65).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 297); Braga (1878: 163); Machado & Machado (1956: V, 374).
III. Antoloxías: Seoane (1941: 120-121); Piccolo (1951: 120-121); Bernárdez (1952: 128); Nunes (1959: 329-330); Martín Gaite & Ruíz Tarazona (1972: 97); Álvarez Blázquez (1975: 106); Landeira Yrago (1975: 100); Alvar & Beltrán (1989: 251); Pena (1990: 326); Delgado León (1996: 71); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 151); Magalhães (2007: 107); Souto Cabo (2017: 162).

Variantes manuscritas


2 dizia] Dixia B   8 manselinha] mãsseliā B : māsseliā V   9 cantou] tāton V; meninha] meniā BV

Variantes editoriais


8 manselinha] mansselĩa Tavani : manselĩa Cohen, Littera   9 meninha] menĩa Tavani, Cohen, Littera

Paráfrase


(I) Unha moza namorada cantaba un cantar de amor, e dixo: «Noso Señor, sería eu hoxe aventurada se o meu amigo oíse como este cantar eu digo!».
(II) A moza era fermosa e coa súa voz mansiña cantou, e dixo a meniña: «Oxalá lle prouguese a Santa María que o meu amigo oíse como este cantar eu digo!».
(III) Cantaba moi de corazón e estaba moi fermosa, e dixo cando cantaba: «Pido a Deus por petición que o meu amigo oíse como este cantar eu digo!».

Métrica


Esquema métrico: 7’a 8b 8b 7’a 7’C 7’C (I [= Tav 160:427]) + 7’a 7’b 7’b 7’a 7’C 7’C (II [= Tav 160:456]) + 8a 7’b 7’a 8a 7’C 7’C (III [= Tav 160:412])

Notas


Texto
  • 5

    Nesta cantiga existe variación funcional de que nas diversas ocorrencias do refrán: na primeira estrofa funciona como conxunción causal, e completiva nas estrofas II-III. Cfr. nota a 27.4.

  • 8

    A voz manselinho/a é unha mostra de dupla sufixación (véxase Ferreiro 2001 [1997]: §464) que o adxectivo (ou adverbio) presenta noutros dous contextos do corpus trobadoresco profano (Estevan Coelho e Airas Nunez):
              Sedia la fremosa seu sirgo torcendo,
              sa voz manselinha fremoso dizendo / ...
              Sedia la fremosa seu sirgo lavrando,
    ​​​​​​​          sa voz manselinha fremoso cantando / ... (735.2, 5)

     

    ​​​​​​​          Pois que a grilanda fez a pastor,
    ​​​​​​​          foi-se cantando, indo-s’én manselinho,
    ​​​​​​​          e tornei-m’eu logo a meu caminho (864.26).

    O mesmo acontece co adxectivo fraquelinha, utilizado por Joan Garcia de Guilhade nunha cantiga de escarnio, en claro contraste coa aparición do sufixo -elinho, ligado aos xéneros amorosos:
    ​​​​​​​          Dona Ouroana, pois ja besta avedes,
    ​​​​​​​          outro conselh’ar avedes mester:
    ​​​​​​​          vós sodes mui fraquelinha molher
    ​​​​​​​          e ja máis cavalgar non podedes (765.4).

    E aínda se rexistra o substantivo mocelinha, tamén noutro texto de Guilhade:
    ​​​​​​​          Que feramente as todas venceu
    ​​​​​​​          a mocelinha! En pouca sazon
    ​​​​​​​          de parecer todas vençudas son (765.14).

    Nas Cantigas de Santa Maria documéntase a mesma acumulación sufixal:
    ​​​​​​​          foss', assi proug’aa Virgen, que dos çeos é Reynna:
    ​​​​​​​          fez que o moço pedisse de comer, e foi aginna
              guarid’e trebellou logo conos outros moçelinnos (CSM 389.38).

    Esta re-sufixación con -inho sobre un anterior sufixo -elo/-a revela como este sufixo xa deixara de ser produtivo e de ser utilizado nas formacións diminutivas. 

  • 13

    A voz pediçon é derivado romance (pedir + -çon) raramente utilizada na Idade Media (a forma xeral era o latinismo petiçon), pois só a achamos nun documento de 1312: A segunda pediçón. VI feyra et onze días de fevreyro (cfr. CGPA, s.v.).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado