70 [= Tav 151,29]
Vós, que mi assi cuitades, mia sennor

Vós, que mi assi cuitades, mia sennor,
que eu me quite de vos ben querer,
de pran cuidades que algun poder
ei eu, sennor, de me vos én quitar?
Ca vós por al non o ides fazer,
mais a verdade vos quer’eu dizer:
este poder nunca mi-o Deus quis dar.
Mais, se mi-o Deus desse ora, mia sennor,
einda me poderia valer,
ca logo m’eu quitaria d’aver
gran cuita e de vos fazer pesar;
mais o vosso fremoso parecer,
que eu por mí non ouver’a veer,
me quitou ja de mi-o Deus nunca dar.
E quitou-me por sempre, mia sennor,
per bõa fe, de nunca eu saber
sen veer-vos, sennor, que x’é prazer;
e, sennor, non vo-lo quer’eu negar:
se vos de mí non quiserdes doer,
veer-m’-edes cedo por vós morrer,
ca ja m’end’eu vejo de guis’andar.
E, se vos digo pesar, mia sennor,
non me devedes én culp’a põer,
ca, entanto com’eu pude sofrer
mia cuita, non vos fui dela falar
nen me soub’ende soo trameter;
mais non sei ora consello prender
a esta cuita’n que me vejo andar.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manoscritti


A 7, B 97

Edizioni


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 17-18 [= LPGP 953]); Littera (2016: II, 537).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 34); Carter (2007 [1941]: 5); Machado & Machado (1949: I, 131-132); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 70).
III. Antoloxías: Diogo (1998: 28-29).

Varianti manoscritte


1 mi assi cuitades] massi coytades B   2 vos] uus A   4 vos] uus A   5 vós] uus A   6 verdade] uerdad A   8 desse ora] dessora B   9 einda] aīda B   10 logo] log A   11 cuita] coyta B; vos] uus A   13 ouver’a veer] ouu’a aueer B   17 veer-vos] ueer uus A : uos B   19 vos] uos A; mí] mj̄ B   21 guis’andar] gⁱsa andar B   23 põer] poer A   24 pude] pudi B   25 cuita] coyta B; fui] foy B   26 me] mē B; trameter] tmeter B   28 cuita’n que me vejo andar] coytanq̄ me ueiādar B

Varianti editoriali


1 cuitades] coitades Littera   2 vos] vus Michaëlis   4 vos] vus Michaëlis   6 vos] vus Michaëlis   8 desse ora] dess(e) ora Michaëlis : dess’ora Littera   9 einda] ainda Michaëlis, Littera   11 cuita] coita Littera; vos] vus Michaëlis   17 vos] vus Michaëlis   19 vos] vus Michaëlis   22 vos] vus Michaëlis   23 culp’a põer] culpa põer Michaëlis, Littera   25 cuita] coita Littera; vos] vus Michaëlis   28 cuita] coita Littera; vejo andar] vej(o) andar Michaëlis : vej’andar Littera

Parafrasi


(I) Vós que así me estades forzando, miña señora, para que eu deixe de vos amar, de verdade pensades que eu teño algún poder, señora, para deixar de o facer? Pois vós non o facedes por outra causa, mais a verdade vos quero eu dicir: nunca Deus me quixo dar este poder. 

(II) Mais, se Deus mo concedese agora, miña señora, aínda me podería ser de axuda, pois logo eu deixaría de ter unha gran coita e de vos causar pesar; mais a vosa gran beleza, que eu non debera ter visto en persoa, privoume xa de nunca mo Deus dar. 

(III) E privoume por sempre, miña señora, abofé, de nunca eu saber o que é o pracer, señora, sen vos ver; e, señora, non volo quero eu negar: se de min non vos quixerdes doer, cedo me veredes morrer por vós, pois xa me eu vexo andar así. 

(IV) E se digo algo que vos causa pesar, miña señora, non me debedes culpar por iso, porque, mentres eu puiden soportar a miña coita, non vos fun dela falar nin obrei por causa dela indebidamente; mais agora xa non sei que remedio aplicar a esta coita en que me vexo andar.
 

Metrica


Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10b 10c 10b 10b 10c (= Tav 186:1)

Encontros vocálicos: 1 mi‿assi; 7 mi-‿o; 8 mi-‿o, desse‿ora; 14 mi-‿o; 28 vejo‿andar

Note


Testo
  • 1

    En face da xeral variación coitado A / cuitado B (86.1, 147.1, 155.1, 177.1, 312.1, 391.16, 404.10 e 16, 430.19, 997.9), neste verso achamos a situación inversa (cuitado A / coitado B), que se localiza tamén en 74.1, 118.13, 129.15 e 188.6. Cfr. nota a 570.9.

  • 9

    A carón de ainda (e de inda) existe na lingua trobadoresca a forma einda (con evolución [aí] > [eí], cfr. reinha, seir etc.) que foi sistematicamente anulada pola acción dos editores. Nesta cantiga Michaëlis recorreu á forma ainda de B, mentres que en 330.15 einda foi interpretada como e inda e, finalmente, en 1342.11 a forma foi corrixida polos diversos editores1 . Canto ao texto proposto por Littera, tamén anula esta forma por medio dunha segmentación alternativa (e inda, 47.12), substitución por ainda (1342.11) ou emenda da lección manuscrita (330.15).

  • 23

    No corpus é constante o uso de poer ~ põer na frase verbal poer culpa, razón pola que se debe segmentar de modo que transpareza a perífrase dever + a + infinitivo. Véxase nota a 53.9.

  • 26

    O verbo trameter ‘entremeterse, intervir indebidamente’, de escaso uso na lingua medieval (véxase CGPA, s.v.), só conta con outro rexistro no corpus profano (1420.4).

  • 28

    Neste verso a preposición en mostra unha crase coa voz anterior (habitualmente coita e dia), tal como se rexistra esporadicamente no corpus; en calquera caso, esta crase ten unha maior presenza no Cancioneiro da Ajuda, que nalgúns casos a presenta fronte a B, que mantén a integridade de en (87.3, 133.15, 279.r1, 306.10) ou que, alternativamente, omite a preposición (70.28, 89.19, 199.14). Véxanse tamén 18.1628.1443.20, 59.3, 60.7, 83.19, 133.2, 138.7 e 9, 141.9, 154.r1 e r3, 155.7, 263.6, 267.2, 270.19, 282.8, 388.5390.2, 395.7, 460.4, 465.10, 804.7, 1062.10, 1080.1, 1145.23 e 1420.11. Cfr. nota a 6.4.

  1. ^

    No TMILG (s.v.), para alén de aínda, einda e inda, aparecen outras variantes como aindas, ainde e mais einde, coa seguinte escala de ocorrencias: ainda (532), einda (83), inda (46), einde (5), ainde (5), aindas (1).

Cerca
    Nessun risultato trovato