(I) [...] porque lle rogaban que lle perdoase a Pero d’Ambroa, e que non o matase nin o tratase con desmesura. E ela dixo: «Por Deus, non me pidades iso, pois direivos sobre min o que eu penso: se unha vez asañar me facedes habedes saber quen son eu, (II) porque me pedides unha cousa disparatada e non sei quen vos consentise en perdoar a quen o deostase como el me fai a min, cando estamos na súa pousada; e xa que vexo que non me coñecedes, direivos de min tanto como isto: se unha vez asañar me facedes habedes saber quen son eu.

(III) E se eu quixese ser humillada, ben podería achar quen me humillase, mais se eu a eses non os escarmentase axiña, a miña reputación non valería nada; e vós no me faledes a favor del, porque se por min fose morrería ardendo: se unha vez asañar me facedes habedes saber quen son eu».

(IV) E por isto é grande a miña fama, porque non houbo ninguén que, fallándome, eu non o castigase moito por iso, pois sempre fun moi temida; e pídovos que non teimedes niso, senón que me aguantedes así como son: se unha vez asañar me facedes habedes saber quen son eu.