(I) A dama por quen eu trobaba e a quen eu non lle importaba nada, aínda que ela non sentía agrado por min, sufrindo coita sempre a servín e agora xa por ela ensandecín, e a ela impórtolle tanto como lle importaba antes.
(II) E aínda que ela gozaba de boa fama e do fermoso semblante que eu lle vin e sempre lle causaba pesar o meu trobar, trobei eu tanto e tanto a servín que xa por ela perdín a luz e o siso, e ela anda como antes andaba: (III) con boa fama, e moito se prezaba (diso); e é xusto que ande sempre así, porque se alguén lle falaba da miña coita nin sequera ouvía nin tornaba (a falar) diso; mais pola coita grande que sufrín, de hoxe en diante teño dela canto pensaba ter: (1) loucura e morte que busquei sempre alí, e o seu amor me deu canto eu buscaba.