(I) A muller que eu amo e teño por señora, mostrádema, Deus, se tal cousa vos prace, se non, dádeme a morte
(II) A que eu teño por luz destes meus ollos e por quen choran sempre, mostrádema, Deus, se non, dádeme a morte.
(III) Esa que Vós fixestes máis fermosa de cantas eu coñezo, ai Deus, facédema ver, se non, dádeme a morte.
(IV) Ai, Deus, que ma fixestes amar máis que a min, mostrádema onde poida falar con ela, se non, dádeme a morte.