(I) A dona que eu vin polo meu mal e que me gran coita deu e dá, despois de a ver, e non me ten por seu (servidor) nin me quere valer, non a vexo e non vexo eu no mundo onde eu vexa pracer.

(II) A que me fai vivir en tal afán e sufrir tanto mal que morrerei se me non vale e que non quere crer a miña coita, non a vexo e non vexo eu outra cousa no mundo onde eu vexa pracer.

(III) A que eu moito amo e que me ten tan coitado que non podo eu de ningunha maneira deixar de a amar, non a vexo e non vexo eu cousa ningunha no mundo onde eu vexa pracer.