(I) Non sobrevivirei eu de modo ningún se non vexo a que tanto amo, porque perdo a cordura; dado que a non vexo, sufro tanto mal que non sei quen mo quite, aínda que me ofrezan outra cousa; mais Deus ma mostre axiña por iso, que a ten no seu poder.
(II) E, se eu vise a miña señora, a que me tira o sono, se eu ousase, pediríalle entón que me deixase vivir onde eu a puidese servir; mais non mo quererá consentir nin ouvir, senón deixarme ir morrer.