(I) A máis fermosa de todas cantas vexo en Santarém, e a que máis desexo e en quen estou sempre pensando, non che direi quen é, mais direiche isto, amigo: ai Sentirigo, ai Sentirigo, unha cousa é Alfanxe e outra é Seserigo!

(II) A ela e a outra, amigo, vinas, así Deus me valla, non hai dous días; non che direi quen é, porque o dirías e poríaste a mal comigo por iso: ai Sentirigo, ai Sentirigo, unha cousa é Alfanxe e outra é Seserigo!

(III) Pensando nela xa perdín a cordura, e estou mudo, e non coñezo home tan sabio que hoxe entenda quen é aquela por quen digo ai Sentirigo, ai Sentirigo, unha cousa é Alfanxe e outra é Seserigo!