(I) A mellor dona que eu nunca vin, certamente, nin de quen ouvín falar, e a que Deus fixo máis fermosa, é a miña señora, e é señora das que vin de moi boa fama e de moi bo siso, certamente, e de todo outro ben que eu nunca ouvín atribuír a outra dona.

(II) E crede sen dúbida que é así e será en canto ela viva, e quen a vexa e a coñeza ben sei eu sen dúbida que dirá que é así; aínda vos direi máis do seu ben: é moi amada, aínda que non coñezo quen a ame tanto coma min.

(III) E por todo isto en mal día nacín, porque a sei amar tanto como eu a amo, e véxome morrer e non a vexo, e maldigo o día en que nacín; mais rogo a Deus, que tanto ben lle fixo, que El me dispoña que algunha vez a vexa cedo, onde eu me separei dela, (1) con mellor disposición respecto a min.