(I) Para me causar mal fixo Deus a miña señora tan fermosa e sensata, tal que semella que (El) nunca pensou noutra cousa; por me ocasionar esta coita en que vivo, sei eu que El a fixo (así), e non por outra cousa, se ela con todas esas cualidades non me socorre.
(II) Moi ben a fixo falar e entender por cima de todas cantas donas El fixo nacer, que semella que (El) nunca pensou noutra cousa; por me ocasionar esta coita en que vivo, sei eu que a fixo tan fermosa se ela con todo isto non me socorre.
(III) Esta señora que me ten baixo o seu poder fíxoa Deus fermosa e con moi bo xuízo, que semella que (El) nunca pensou noutra cousa; por me ocasionar esta coita en que vivo, sei eu que a fixo (así), e non por outra cousa, se ela con todo ese ben non me vén (socorrer).