(I) A miña señora, a quen eu sei amar máis do que nunca amou home a muller, xa que a amo tanto e non mo quere crer, Noso Señor, que ten moi gran poder, me dea o seu ben se eu a amo máis do que nunca amou no mundo home a muller.
(II) E se non é así, que me deixe morrer por ela, pois non é mester vivir eu máis se non tiver o seu ben; mais Deus, que pode saber a verdade, me dea o seu ben se eu a amo máis do que nunca amou no mundo home a muller.
(III) Porque a fixo superar a todas as outras mulleres do mundo en valor e en canto vos puidese dicir sobre ser moi fermosa alí onde estiver, Deus, que tanto ben lle fixo ter, me dea o seu ben se eu a amo máis do que nunca amou no mundo home a muller.