(I) A miña señora, que eu máis que outra cousa desexei e amei e servín, e a quen eu non lle importaba nada, ten intención de me facer ben, pois o meu ben é eu morrer por ela antes que vivir sempre en tal coita.
(II) En tal coita cal me dan os seus desexos por ela a decote, mais desde agora, por canto mal me fai, ben me fará, porque morrerei e perderei o afán, pois o meu ben é eu morrer por ela antes que vivir sempre en tal coita.
(III) E canto mal eu levei por causa dela agora o compensarei, se Deus quixer, porque, despois de eu prender morte por causa dela, non me dirán que non obteño o ben dela, pois o meu ben é eu morrer por ela antes que vivir sempre en tal coita.
(IV) Houbo un tempo en que me desdeñou cando máis me forzaba o seu amor, e agora, mal que lle pese á miña señora, farame ben, e que sexa castigada por iso, pois o meu ben é eu morrer por ela antes que vivir sempre en tal coita.