(I) A miña señora, que Deus me mostrou para mal meu –non vos quero mentir–, e que sempre me esforcei en servir, tivo un gran desexo de me enganar, porque me falou ben primeiro, cando a vin, e, cando viu que perdía o sentido por ela, nunca máis me quixo falar.
(II) E se eu me soubese protexer dela cando a vin, esforzaríame por vivir; mais ela faloume ben e riu, e eu faleille e non vin que se queixase nin se queixou cando a chamei «señora», e, cando me viu moi coitado de amor, próugolle moito e xa non me quixo nin ver.
(III) E xa que me quería desamparar cando a vin, (debera) mandar que me separase inmediatamente dela e que me fose de alí; mais non vin que lle pesase cousa ningunha do que lle eu dixen –tan ben me mirou!–, e, cando viu que o seu amor me someteu, deixoume andar así desamparado.
(IV) E por isto debe tomar exemplo de min todo home que vexa unha dona fermosa, e gárdese ben de se someter ao seu poder como eu me sometín, pois halle acontecer como me aconteceu a min: servina moito e, porque a servín, fíxome todo isto que me ouvides contar.