(I) A miña señora, que sempre amei profundamente desde que a vin, aínda que me vén por ela mal desde aquela, é tan boa que Deus non me perdoe se eu querería vivir no mundo para non a amar nin a ver, (II) aínda que dela non espero outro ben, excepto vela, mentres eu viva; mais, porque amo tan boa señora, Deus, que a ten no seu poder, non ma mostre se eu querería vivir no mundo para non a amar nin a ver, (III) porque desexo tanto ver os seus ollos que xa non me salvarei; e porque entre todas as que viven no mundo tanto vale, que non me valla Deus se eu querería vivir no mundo para non a amar nin a ver.