(I) A miña señora, que eu vin para mal destes meus ollos, fun amar, e, por Deus!, direivos o mellor que dela puiden obter desde que a vin: díxome hoxe que me quería ben, pero que nunca me faría ben.

(II) E por isto que me dixo coidou que me salvaba, porque xa morro; mais non perdín por iso a coita do corazón, senón que iso contribuíu máis a matarme: díxome hoxe que me quería ben, pero que nunca me faría ben.

(III) E por isto pensa que perdeu toda a súa estima; vede que señora Deus e Amor me fan amar moito, e o mellor que ela nunca me fixo: díxome hoxe que me quería ben, pero que nunca me faría ben.

(1) E eu entendo que me quere de tal maneira en que non perde (ela) nin gaño eu nada.