(I) A que eu quero moito desde que a vin e que amo, Deus o sabe, máis que a min, faime vivir en coita, e disto me vén a morte, sen que eu teña poder para evitalo.

(II) Hei probar se poderei vivir sen a ir ver, mais sei ben que non o hei de facer, e disto me vén a morte, sen que eu teña poder para evitalo.

(III) Aínda que eu nunca por ningunha cousa merecín que me mate, a (miña) ventura faime amala sen o seu consentimento, e disto me vén a morte, sen que eu teña poder para evitalo.

(IV) Nunca tal ventura vistes como a que eu teño en relación con ela, que sempre servín e amei, por non ousar dicilo, e disto me vén a morte, sen que eu teña poder para evitalo.

(1) Por loucura me pode calquera contar isto, mais non por coita, quen vir o seu semblante.