(I) A que me arrebatou a min o meu amigo moi ao meu pesar e non me tivo en consideración, que me servía e me quería ben, e non mo dixo nin mo preguntou, mal se sentirá cando eu llo arrebate a ela, moi a seu pesar e sen lle preguntar.

(II) E se ela me fixo unha ofensa moi grande, Deus me permita recibir xusta compensación, porque o levou de min contra a miña vontade e agora cre que o levará así: mal se sentirá cando eu llo arrebate a ela, moi a seu pesar e sen lle preguntar.

(III) E ben sei eu o que ela dirá: que eu non fixen por el tanto como ela fai, mais quizais llo fixera noutra ocasión; e, aínda que cre que o terá, mal se sentirá cando eu llo arrebate a ela, moi a seu pesar e sen lle preguntar.

(1) E entón veredes unha muller andar tras min chorando, e non llo quererei dar.