(I) Da cousa do mundo que mellor quería nunca dela me quixo dar ben Santa María, mais canto eu no corazón temía teño! teño! teño!, señora: señora, agora vin de vós canto eu sempre temín.

(II) Da cousa do mundo que eu máis amaba e máis servía e máis desexaba, Noso Señor, canto eu receaba teño! teño! teño!, señora: señora, agora vin de vós canto eu sempre temín.

(III) E que farei eu, infeliz e coitado? Que eu fiquei así desamparado de vós, por quen coita grande e aflición teño! teño! teño!, señora: señora, agora vin de vós canto eu sempre temín.