(I) A tal estado me levou, señora, o voso ben e a vosa fermosura que non vexo nin de min nin doutra cousa nada que me agrade, nin o verei nunca en canto eu estiver vivo, cando non vos vexa a vós, a quen eu vin por meu mal.
(II) E querería a miña morte e non me vén, señora, porque o meu mal é tan grande que non vexo en min nin noutra cousa nada que me agrade, nin o verei xa, crédeo ben, cando non vos vexa a vós, a quen eu vin por meu mal.
(III) E pois o meu estado, señora, é este, querería xa a miña morte, xa que non vexo nin de min nin de ningunha outra cousa, nunca, nada pracenteiro, nin o verei xa, cando non vos vexa a vós, a quen eu vin por meu mal, (1) pois non tendes piedade de min.