(I) En mal día para min, señora, esperei a vosa mesura, pois a desmesura desde entón faime cada día peor, porque me busca o voso mal e a mesura non me socorre e déixame morrer de amor.
(II) E, señora, mal día naceu quen esperou moito a mesura como eu esperei, e sempre achou desmesura, que me deixou privado (do ben), porque onde eu pensei recibir ben por servir nunca recibín nada diso, porque a desmesura me paralizou.
(III) A vosa mesura esperei, señora, sempre máis que outra cousa, e por iso a desmesura me fai tal mal que non sei xa como facer con ela, e déixame morrer de amor e da mesura non recibo galardón.