(I) Encontrei Sancha Anes montada dacabalo e fixen un comentario axeitado, pois nunca vin unha dona peor feita, e quixen xurar que era unha carrada de palla. Vina cabalgar por unha aldea e quixen xurar que era unha morea de palla.

(II) Vina cabalgar nun rocín e non ía comigo un cabaleiro; santigueime e dixen: «Grande foi o palleiro onde cargaron tan gran carrada de palla». Vina cabalgar por unha aldea e quixen xurar que era unha morea de palla.

(III) Vina cabalgar indo pola rúa, moi ben vestida en cima da mula, e dixen: «Ai, vella fodida no cu, que me parecedes unha carrada de palla!». Vina cabalgar por unha aldea e quixen xurar que era unha morea de palla.