(I) Agora foi para min miña nai mellor do que nunca foi desde que nacín (Noso Señor llo pague por min), e agora é (realmente) miña nai e señora, porque me mandou que falase comigo, canto el quixese, o meu amigo.

(II) Sempre lle chamarei «madre e señora» e farei canto poida por agradala porque non me quixo deixar morrer, e (certamente) morrera, mais xa non morrerei, porque me mandou que falase comigo, canto el quixese, o meu amigo.