(I) Afástome eu agora moi contra a miña vontade de canto ben eu hoxe tiña no mundo, pois así o quere Deus, infelizmente, ai de min!, e ademais, se Santa María non me vale, estame destinado que eu sufra coita; e rogo a Deus que non viva eu máis alá deste día se El non me auxilia neste transo.
(II) Non viva eu máis alá deste día se El non me auxilia neste transo, nin vivirei nin é cousa oportuna, pois, cando non vexa a miña luz e o meu espello, ai de min!, xa non darei nada pola miña vida, señora miña, e dígovos publicamente que se eu morro así desta vez que a miña liñaxe volo demande a vós.
(III) Que a miña liñaxe volo demande a vós, señora fermosa, porque vós me matades, pois o voso amor me trae en tal tormento, ai de min!, e Deus non quere nin que vós mo creades, e nese asunto de nada me vale pacto nin xuramento de fidelidade, e ídesvos e desamparádesme: desampárevos Deus, a quen eu llo pido.
(IV) Desampárevos Deus, a quen eu llo pido, porque moi mal desamparado fico eu hoxe; e, alén diso, non teño parente nin amigo, ai de min!, que me aconselle, e desaconsellado fico eu sen vós, e tampouco fica comigo, señora, agás unha gran mágoa e aflición: ai Deus, valédelle a un home que morre de amor!