(I) Agora vivo eu como querería ver vivir a cantos me queren mal: que non visen nada pracenteiro de si nin de ningunha outra cousa, como me aconteceu a min sempre desde aquel día en que eu non puiden ver a miña señora, pois Deus –que podería– non me valla se eu nunca despois souben o que era pracer.

(II) E quen vivise así viviría certamente en gran coita mortal, porque así vivo eu por unha tal dona cal sabe hoxe Deus e Santa María, que a fixeron ser a máis fermosa de cantas mulleres vin e de mais valor en todo ben; e vería ben (III) quen vise a miña señora, e ben diría dela, seino eu, que é tal como vos eu digo, e, se non me socorre Deus –que ma mostre!–, xa non viviría eu máis no mundo, porque non teño poder para sufrir esta coita máis do que a sufrín, e desexaría (1) moito a niña morte, e querería morrer pola miña señora, a quen lle agradaría, (2) e pola gran coita en que me por ela vexo vivir, que perdería.