(I) –Ai amiga, hoxe falou comigo o voso amigo e vino tan coitado por vós como nunca vin a home nado, porque morrerá se vós non lle valedes. 
–Amiga, cando eu vexa que é o momento oportuno, valereille, mais non vos marabilledes se o meu amigo anda coitado por min.

(II) –Abofé, amiga, ben vos digo que, cando estaba comigo falando de vós, se desmaiou, e andando así morrerá se vós non tendes dó del. 
–Si, terei, ai amiga, nalgún momento, mais non teñades por marabilla se o meu amigo anda coitado por min. 

(III) –Amiga, tal coita de amor ten consigo que xa non dorme de noite nin de día pensando en vós e, por Santa María, sen o voso ben nada o ha salvar.
 –Salvareino eu, amiga, en calquera caso, mais non vos marabilledes se o meu amigo anda coitado por min.