(I) Ai amiga, sempre tendes desexo de me rogardes que faga ben ao meu amigo, e dígovos que iso me causa pesar; mais polo afecto que vos teño fareille eu ben, aínda que certamente non farei canto el quixer, mais fareille ben.

(II) Rogástesme vós moi de corazón que lle fixese ben algunha vez, que iso sería en min mostra de cortesía e prez, e polo voso rogo, non por outra cousa, fareille eu ben, aínda que certamente non farei canto el quixer, mais fareille ben.

(III) Rogástesme, amiga, abofé, que por vós e dalgunha forma lle correspondese, e porque vós queredes convén que o faga; mais, xa que é así, fareille eu ben, aínda que certamente non farei canto el quixer, mais fareille ben.