(I) Ai amiga, considero que é ben xuizoso o home que ama a súa señora, e que ninguén llo sabe de modo ningún, a non ser aqueles a quen llo el quere dicir; Rodrigo Eanes de Alvares é así: quéreme mellor do que quixo ningún home a unha muller, mais non saben se me quere ben ou mal.
(II) Estou marabillada de como non morreu por cantas terras andou por min ou de como non toleou, por iso vos digo a nova que chegou a min: Rodrigo Eanes de Alvares é así: desde que me viu nunca amou a ninguén tanto, mais non saben se me quere ben ou mal.
(III) Non vistes home que tivese tan gran coita como el ten por min, así Deus me perdoe, nin que sufrise tan gran coita por señora como el sofre desde hai moito tempo; Rodrigo Eanes de Alvares é así: nunca aparta o seu corazón de min, mais non saben se me quere ben ou mal.