(I) Ai amigas, cantos trobadores hai no reino de Portugal perderon o saber: xa non teñen desexo de dicir o ben que soían dicir de vós e nin sequera falan do amor e aínda fan outra cousa que me parece peor: xa non queren gabar a fermosura.

(II) Eles, amigas, perderon a ansia por vos veren; e direivos outra cousa: os trobadores van por mal camiño; non hai alí un que sirva a señora nin tan sequera trobe por unha muller. Maldita sexa a que algunha vez dixer de quen non troba que é trobador!

(III) Mais, amigas, aquela dona que ame a boa fama e a beleza ha de tomar esta determinación: esperar o tempo (propicio) e non se queixar e deixar que pase o tempo ruín, pois ben penso que cedo virá alguén que sabe apreciar que é fermosa, e axiña veredes amor ser valorado.

(1) E os que xa desistiron de vos servir (sabido é quen son) déixeos Deus má morte sufrir!