(I) Ai boa dona, así Deus vos perdoe, que non vos cause pesar o que vos direi: eu vivo en coita, porque teño unha señora moi fermosa e resolvín falar convosco, porque non coñecín señora que semelle (fermosa) coma vós, miña señora.

(II) E non vos pese, señora, pois Deus vos dotou de gran mesura e bondade e valía, e, por todo este ben que El vos concedeu, decidín falar convosco, porque non coñecín señora que semelle (fermosa) coma vós, miña señora.

(III) Pois en ter bela aparencia vos fixo Deus a máis fermosa de todas, e en cordura e en mesura e en calquera outro ben, decidín no meu corazón falar convosco, porque non coñecín señora que semelle (fermosa) coma vós, miña señora.