(I) Ai Deus, como ando coitado de amor! E se llo fose dicir á miña señora, logo dirá que lle falo de (algo que lle causa) pesar, e quero antes aturar a miña coita que dicirlle, cando a vexa, (algo que lle causa) pesar.
(II) Aínda que eu morro amándoa, se lle falase da coita en que me ten, logo dirá que lle falo de (algo que lle causa) pesar, e quero antes aturar a miña coita que dicirlle, cando a vexa, (algo que lle causa) pesar.
(III) Ben me ouvirá se lle quixese falar doutra cousa; mais, se algo lle dixer da miña coita, logo dirá que lle falo de (algo que lle causa) pesar, e quero antes aturar a miña coita que dicirlle, cando a vexa, (algo que lle causa) pesar.