(I) Ai Deus, que gran coita para sufrir: desexar a morte e ter que vivir como eu vivo hoxe, e moi sen o meu pracer! Con esta coita que me vén, tanta, desexo a morte e quería morrer, porque se foi a raíña franca!

(II) A esta coita eu nunca lle vin igual: desexo a morte, mais vivo así, abofé, moi contra a miña vontade; e direivos o que máis me quebranta: desexo a morte, que sempre temín, porque se foi a raíña franca!

(III) Ai coitado, con todo o mal que me vén porque desexo a miña morte, e por iso perdín o sono e perdín o xuízo, e choro sempre cando outro canta, e desexo a miña morte máis do que outra cousa, porque se foi a raíña franca!