(I) Ai de min, coitado, en que coita mortal me fai hoxe unha dona vivir! Aínda que non morro, e morro por morrer, porque non a vexo a ela, a quen polo meu mal vin máis fermosa que cantas donas do mundo nunca vin; e, se non é así, nunca Deus me dea ben dela nin de ningunha outra cousa!
(II) Esta é unha gran coita, direi cal, porque esta coita non me dá lecer, antes ma fai cada día aumentar; e chamo moito a Deus, e non me socorre, nin me socorre ela porque xa perdín a razón, pois por ela ensandecín: e esta coita, quen viu nunca outra tal?