(I) Ai de min, coitado, e cando encontrarei quen me dea consello sobre como poder ir a un lugar a onde eu querería ir? E non podo, nin tampouco podo achar quen me dea consello sobre como poida ir ver a dona que, para a miña desgraza, vin, a máis fermosa de cantas donas vin, (II) e por quen morro amándoa, pois dona tan fermosa nunca fixo Noso Señor de entre todas as donas que fixo, nin tan plena de calquera outro ben: por esta morro, que Deus fixo así, e non llo dixen, así me valla Deus, porque non ousei, así me valla Deus, (III) porque quixen antes soportar a miña coita que inimizarme con tan boa señora, a quen lle deu tanto ben Noso Señor, e antes prefiro soportar a miña coita; mais rogarei moito a Noso Señor para que El me leve onde a poida ver, que xa hai moito que non puiden ver (IV) ningún pracer, porque non fun a lugar onde a eu vise, e por isto non vin nunca máis pracer nin endexamais o verei se non vou a un lugar onde a vexa, pois eu sei que non verei pracer e que sempre sufrirei mal se non a vexo a ela, que vin para o meu mal.
(1) E, meus amigos, se non é así, que non me dea Deus ben dela nin de si; (2) e, se non, a onde están os seus estes meus ollos Deus leve para que vexan os seus.
(3) E, se os viren, verán gran pracer, porque hai moito tempo que non viron gran pracer: (4) léveos axiña Deus, que pode e socorre, onde a verán a ela, que tanto vale.