(I) Ai eu, e que vai ser de min, que fun amar tal dona a quen non lle ouso dicir nada de canto mal me fai pasar? E fíxoa Deus ser máis fermosa que cantas hai no mundo.
(II) Mais en mal día nacín se Deus non me dá remedio nesta situación, porque destas coitas calquera delas me resulta moi difícil de soportar, como (a de) non me atrever a lle falar e ser ela así de fermosa.
(III) É a que Deus fixo para o meu mal, porque eu xa sempre a amarei e nunca diso esperarei nada con que se alegre o meu corazón, que estivo triste desde hai moito tempo, polo (desexo do) seu ben e non por outra razón.