(I) Ai, madre, do meu amigo, que non vin desde hai moito tempo, dinme que está aquí: madre, abofé, eu estou moi leda.
(II) E eu sempre me empeñei en lle facer mal, mais, xa que agora veu por me ver a min, madre, abofé, eu estou moi leda.
(III) Por todo o pesar que el por min padeceu non lle podo facer outra cousa, mais, porque chegou, madre, abofé, eu estou moi leda.