(I) Ai, madre, ao que eu amo non lle ouso falar diante de vós, e ten el tan gran pesar que din que morre diso; e se así morrer por min, ai madre, eu sairei perdendo con iso.

(II) Hai moito tempo que me serviu e non mo deixastes ver, e viñéronme agora dicir que morre porque non me viu, e se así morrer por min, ai madre, eu sairei perdendo con iso.

(III) Se por min morrer, será unha perda para min, e pesarame se o non vir, pois doutro xeito non pode vivir, ben volo xuro, abofé; e se así morrer por min, ai madre, eu sairei perdendo con iso.