(I) –Ai madre, o que me namorou foise o outro día de aquí, e, por Deus, que faremos agora, pois me deixou namorada?
–Filla, facede niso o mellor: xa que o seu amor vos enganou, que o engane o voso amor.
(II) –É que non sei que facer agora, miña madre, así Deus me perdoe.
–Dicídeme, ai filla, por que non? Quérovolo eu mostrar: filla, facede niso o mellor: xa que o seu amor vos enganou, que o engane o voso amor.
(III) Recibídeo moi ben, filla, cando viñer ante vós, e outorgádelle todo canto vos dixer, e por iso filla, facede niso o mellor: xa que o seu amor vos enganou, que o engane o voso amor.