(I) –Ai madre, canto errei, porque non vin o meu amigo onde el puidese falar comigo! E, aínda que lle fale, ben sei que non teño ningún poder de o ter por amigo.
(II) –Non deixedes por min, filla, de falarlle, se iso é o que vos prace.
–Ai, madre! Non teño proveito con iso, pois non teño ningún poder de o ter por amigo.
(III) –Filla, para lle facer perder a saña falaredes (con el) co meu consentimento.
–Xa que o desobedecín, que proveito hai, madre, en lle falar, pois non teño ningún poder de o ter por amigo?