(I) Ai meu amigo, meu, abofé, e non doutra, abofé, senón meu, rogo eu a Deus, que me vos hoxe deu, que vos faga ser tan feliz comigo como feliz fun eu hoxe cando vos vin, pois nunca fun tan feliz des que nacín. 

(II) Feliz día é este, xa que vos vexo aquí, meu amigo, meu, abofé sen outra cousa: que Deus todopoderoso vos faga ser feliz comigo, meu ben e meu desexo, como feliz fun eu hoxe cando vos vin, pois nunca fun tan feliz des que nacín.

(III) Meu namorado, así me valla Deus, e meu amigo e meu corazón, que Deus vos faga nalgún tempo ser tan feliz comigo e tan satisfeito como feliz fun eu hoxe cando vos vin, pois nunca fun tan feliz des que nacín.