(I) Ai miña filla, por Deus, facede de forma que o voso amigo vos vexa traer ese (vestido de) fustán, e o máis que for posíbel véxavos estar con el sen outra roupa, porque, se vos vir, sei eu que morrerá por vós, filla, porque vos senta moi ben.

(II) Se o fustán vos sentase mal, non vos mandaría ir ante os seus ollos; mais procurade, por Deus, que logo vos vexa, non fagades outra cousa, porque, se vos vir, sei eu que morrerá por vós, filla, porque vos senta moi ben.

(III) E como queira que el estea sañudo convosco, despois de que vos vexa o fustán, sentirá un gran desexo de vos contemplar; e arranxade vós de forma que vos vexa, porque, se vos vir, sei eu que morrerá por vós, filla, porque vos senta moi ben.