(I) Ai miña señora, eu quero probar a ver se poderei vivir sen vós e verei se teño o poder de morar sen vós algunha vez, embora saiba o que me pasará, pois mil veces o probei xa e nunca o puiden conseguir.
(II) Pero quero intentalo e levar ao extremo así a miña capacidade de coñecemento; e, canto a min, sei como vai ser e que despois vos hei de rogar, e o pouco que me ha durar a miña saña e o moi ben que me sentará se vos podo desasañar (III) contra min, pois nunca vos fixen pesar nin volo penso facer; mais seivos ter un amor tan grande que vos fai queixar contra min; e xa que Deus non me dá poder para vos desamar, así me hei de pór a mal convosco por amarvos.